domingo, 19 de octubre de 2008

Tan preto e tan estraños

No vestíbulo do Verbum veremos:


Tan preto e tan estraños é un proxecto intermedia que combina diferentes linguaxes e semánticas difusas (exploración dentro da complexidade da comunicación, metáfora sobre o estrañamento que se produce cando operan canles de diversa índole, experiencia multisensorial que escapa ao control da percepción externa, construción dun breve lugar no que poida acontecer o contacto coa outredade, recoñecemento do corpo como continente plástico de emocións).

Entradas no espazo: Só unha persoa cada 8 minutos.

No interior: Zaida Gómez
No exterior: Julio Fernández.

Ficha técnica: Realización de audiovisual e instalación: Zaida Gómez e Julio Fernández.
Interveñen no vídeo: Elisenda Renom e Jorge González.